jueves, 19 de abril de 2012


“Marina”
Adormece unha nena
co vento acompasado.
Os seus cabelos loiros
seducen as abellas
que procuran os beizos
coma papoulas no trigo.
Hai unha marea de vento
a xogar, arriba e abaixo, nas ondas da nena.
Se o mar estivera cerca,
así, tan cerca, non durmiría tanto,
a nena, o mar.
A respiración é monocorde;
sibilinas sereas serpenteantes
acubíllanse nas pedras do prado
e tocan o seu axóuxere a un tempo.
A nena estira as pernas pracidamente,
leva un dedo ós beizos
e, nun acto inconsciente,
coma se mandara calar o mundo,
o mundo cala e muda o vento de hemisferio
e as bolboretas abren os seus pétalos de soño
para cubrir coa marea o corpo da nena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario