lunes, 26 de marzo de 2012
Nota da fin de semana: Non sei como se escribe Songoku; perdoade os incondicionais deste personaxe. Sei que agora o botan na segunda da galega, polo menos, as mañás do sábado. Serían sobre as 11 deste sábado. Estaba facendo as labouras dunha ama de casa, nefasta onde as haxa, e achegueime á sala para ver como ía o meu fillo. Estaba serio, bastante estático para o que é el por natureza. Pregunteille que lle pasaba. Non me respondía, pero os olliños se lle ían poñendo cada vez máis brillantes ata que me abrazou e en voz baixiña díxome, chorando, que o pai de Songoku marchara. Na fonte que tes nos ollos, meu fillo, es igualiño á túa nai!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario